Proba o deporte nacional irlandés
Velaquí os clubes galegos de fútbol gaélico. ¡Únete ó club da túa cidade!
Xa son varias vilas galegas as que contan con clubes de fútbol gaélico. Se tes curiosidade por este deporte, non o dubides e contacta co clube que che sexa máis próximo. Ou, se na túa vila non hai equipo de fútbol gaélico e queres fundar un, ponte en contacto cos Fillos de Breogán, o club pioneiro, que che botarán unha man no que precises. Xa verás que todo é poñerse. ¡Ánimo!
Trátase dun deporte divertido e asequible. Unha vez que se coñecen as regras básicas e se adestran as destrezas fundamentais, está ó alcance de calquera. Lembra que os clubes teñen equipos nas categorías masculina e feminina, xa non tes escusa: tes que proba-lo fútbol gaélico.