Proba o deporte nacional irlandés
Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico naceu logo do verán de 2012. Dende aquela, o seu crecemento foi espectacular, non só no seu cadro masculino, senón que tamén foi o segundo club galego en dispor de sección femenina. Os Irmandinhos estreáronse no Campionato Ibérico no Torneo da Coruña de 2013. As Irmandinhas tiveron a súa estrea oficial no derradeiro torneo dese mesmo ano no Torneo de Madrid do mes de xuño.
Na competición galega, como A Coruña Fillos de Breogán, Irmandinhos presentou dous conxuntos. O equipo máis forte foi denominado como Bráithreachas (que significa irmandade en gaélico irlandés). Estes dous equipos participaron na primeira Liga Galega de 7 contra 7 desenvolta no primeiro semestre do ano 2013. Con todo, Bráithreachas aínda non participou en torneos do Campionato Ibérico.
Como os Fillos fixeron da Torre de Hércules e de Acea de Ama os seus feudos, Irmandinhos adestra e xoga no Campo de Callobre e no Campo da Figueroa. Nun evento benéfico en colaboración con Cáritas xogado contra os coruñeses, os estradenses lograron xuntar máis de tonelada e media de alimentos para o comedor económico ademais que ter unha grada repleta de siareiros que deixaron voz e alma animando ós verdibrancos na súa casa.
O club estradense foi o segundo en formarse en Galicia e tamén o segundo en ter equipo feminino
Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico
Fundación: 2012
Presidente: Alberto Suárez
Vicepresidente: José Antonio Carballeda
Secretario: José Antonio Carballeda
Tesoureiro: Gus Postigo
Adestrador: Sito Magariños
Capitán Irmandinhos: Maki Maceira
2º capitán Irmandinhos: -
Capitán Bráithreachas: Mon Codesido
2º capitán de Bráithreachas: -
Capitana de Irmandinhas: Natalia Arca
2ª capitana Irmandinhas: -