Proba o deporte nacional irlandés
A O 5 de novembro de 2012 comezan a verse os primeiros bocexos Mecos. O día 24 de novembro decidese dar o paso da creación do equipo. O camiño non foi doado pero o día 22 de decembro de 2012 por fin comezan os adestramentos. O 9 de marzo de 2013 o club Mecos FG xunto cos clubes A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos da Estrada toma parte na creación da Asociación Galega de Fútbol Gaélico que deseña e pon a andar a primeira competición oficial galega, a Liga Galega de 7 contra 7, da que os mecos tomarán parte.
O día 16 de marzo de 2013, véspera do San Patricio, a festa nacional irlandesa por excelencia, tivo lugar o acontecemento histórico do inicio da primeira Liga Galega de Fútbol Gaélico aínda que en formato de sete contra sete. O día 23 de marzo de 2013 tivo lugar o primeiro partido dos grovenses e este coincidiu coa súa estrea na Liga Galega contra os Ártabros de Oleiros, o segundo equipo mais antigo do noso país. O 13 de abril tamén de 2013 foi a data da estrea no Campionato Ibérico, no Torneo da Coruña. Pouco a pouco os pasos dados van afianzando o club cunha media de idade menor do panorama galego. Todo pinta a que o futuro do fútbol gaélico pasa si ou si polo Grove.
O club do Grove, máis aló ter un sólido presente, ten un futuro envexable, cun plantel moi novo
Mecos Ogrobe Fútbol Gaélico
Fundación: 2012
Presidente: Iván Villalón
Vicepresidente: Anxo López
Secretario: Estevo Sánchez
Tesoureira: Nuria Villalón
Adestrador: Paco González
Capitán de Mecos: Álex 'Pata' Martínez
2º capitán de Mecos: Samu Arnoso