top of page

Alberto

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Lembrareino sempre. Ía paseando con Patri pola rúa e de súpeto vimos un cartel anunciando a formación dun novo equipo de fútbol gaélico. As nosas cabezas comezaron a traballar, comezamos a asociar conceptos, “Gaélico – Celta – Irlanda” e non sen antes embarcar ao meu amigo Martín presentámonos na primeira reunión do equipo. Creo que cheguei dos primeiros e só vin a un home sentado na barra do bar, puiden comprobar que se trataba de Wences, e fixen o que tiña que facer: funme a dar unha volta a ver se máis tarde había máis xente. Cando volvín xa eramos uns cantos máis e entrei a reunión esperando a Martín. Baixamos moi ilusionados: un deporte novo, íamos viaxar pola Península a xogar partidos, e todo iso saíra nunha reunión. Vaia cambio, toda a vida xogando ao fútbol para ir a xogar a Cervo, San Román, Navia, Andés, etc., e agora mesmo íamos viaxar por Madrid, Valencia, Sevilla, Barcelona, etc. Foi un bo comezo.

​​

Nome: Alberto Méndez Suárez

Lugar de orixe: Ortiguera (Asturias)

Nacemento: 22/09/1981

Altura: 1,75 m

Equipos: A Coruña Fillos de Breogán

Posición: Dianteiro

Internacional: 2012, 2013, 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

A rapidez do xogo, a verticalidade, o dinamismo e a esixencia a nivel físico e coordinativo que ten. Tes que estar pendente da túa marca e do balón en todo momento, non hai descanso xa que o balón pode viaxar dunha portería a outra en moi pouco tempo. Motiva e engancha rápido a quen o ven probar. Non hai un equipo ao que chegues e todo o mundo xa está de volta cando ti vas, polo que nunca te sentes descolgado.

bottom of page