top of page

Paula

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Despois de que a presidenta do clube me insistise en que fose probar este deporte. Nunca escoitara falar do fútbol gaélico, tardei algo en ter contacto con este deporte porque dábame vergoña. Non tiña nin idea nin de que ía e moito menos como se xogaba, iso si, despois do primeiro adestramento non fun capaz de deixalo. Sorprendeume moitísimo pola súa dinámica e pola filosofía de compañeirismo que hai no fútbol gaélico. Tanto é así que deixalo sería unha das últimas cousas que faría.
 

​​

Nome: Paula Castro Barcala

Lugar de orixe: A Estrada

Nacemento: 30/04/1991

Altura: 1,67 m

Equipos: Irmandinhas A Estrada

Posición: Medio

Internacional: 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Unha das cousas que máis me gusta deste deporte é a boa relación que se fai co resto dos equipos, sempre ao rematar o partido, sexa bo o resultado ou non, acábalo celebrando cos teus rivais. Outra da cousas pola que non deixaría este deporte é polo ben que o paso en cada adestramento e máis ainda en cada partido, é un deporte moi dinámico co cal nunca estás parado. É un deporte que engancha e cada día máis porque cada vez que damos un paso ábresenos unha porta e eso é unha satisfacción inmensa.

bottom of page