Athenia

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
Tiña varias coñecidas que xogaban a este deporte pero o certo é que non tiña nin idea de que ía. Un día fun ver un partido e quedei enganchada. O feito de probar un deporte que se saía do cotiá e que tiña equipo feminino, tendo en conta que sempre me gustou o feito de levar unha rutina de adestramento, animoume a probar un día da man dunha amiga. Dende aí até agora, medrando pasiño a pasiño.
Nome: Athenia Álvarez Feros
Lugar de orixe: Cuntis, Pontevedra
Nacemento: 03/06/1992
Altura: 1,69 m
Equipos: Irmandinhas A Estrada
Posición: Medio
Internacional: 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
Non podería decir que me gusta algo porque o certo e que non hai nada que me disguste. O feito de combinar varios deportes nun mesmo sempre enriquece como espectadora e como xogadora. Quizais me quedaría coa dinámica do xogo que fai que teñas que estar concentrada en todo momento pola rapidez coa que se desenvolven as xogadas; e co traballo grupal que hai que levar a cabo para medrar, mellórase e destácase grazas ao equipo.