top of page

Corba

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

O meu primeiro contacto foi nunha visita a Irlanda, concretamente en Dublín alá polo 2006. Antes dese momento, non cría na existencia ​do deporte nacional irlandés e que houbese un estadio como Croke Park para máis de 80 mil espectadores. Dende aquela e ata o 2012, case nada ..., ata que, cando por medio das redes sociais, souben que había un equipo na Coruña, os Fillos de Breogán. E, ao pouco tempo, xa souben do intento de formación dun equipo na Estrada, os Irmandinhos, o club da miña localidade e o meu equipo actual. Como xogador de fútbol gaélico, tiven a primeira aproximación ao deporte nacional irlandés aló por outubro do 2012, cando uns "profes" da Coruña viñeron a axudarnos nos adestramentos nos primeiros pasos que estabamos a dar os Irmandinhos da Estrada. Xa despois do primeiro adestramento, souben que xogaría a isto!

​​

Nome: Marcos Gañete Picáns

Lugar de orixe: Callobre, A Estrada

Nacemento: 18/06/1983

Altura: 1,82 m

Equipos: Irmandinhos, Braithreachas

Posición: Medio-dianteiro

Internacional: 2013, 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Gústame o fútbol gaélico pola súa espectacularidade e o dinamismo que ten, as diferentes variantes tanto ofensivas como defensivas. A min, por exemplo, encántame o tiro a paus que se practica neste deporte. Gústame tamén o fondo deste deporte, que é un deporte paixonal. E xa, referíndome ao fútbol gaélico de Galicia, o compañeirismo existente entre os xogadores e as xogadoras dos diferentes clubes.

bottom of page