top of page

Rubén Leborán

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Fai dous anos trala desaparición do Estrela Vermelha como equipo de fútbol base, o noso actual adestrador, Jano, decidiu reconverter ao Estrela en equipo de fútbol gaélico. Presentáronme a opción de participar no proxecto e aceptei. De principio, coñecía moi pouco do deporte, escoitara falar da existencia de equipos en Galicia pero pouco máis. Coas primeiras tomas de contacto fun colléndolle o gusto e agora espero con impaciencia as xornadas de liga. Esta boa aceptación tamén veu dada polo bo inicio de tempada que fixemos sendo un equipo novato, algo que nos motivou moitísimo a todo o equipo.

​​

Nome: Rubén Leborán Carballeiro

Lugar de orixe: Enfesta, Santiago C. Nacemento: 27/07/1987

Altura: 1,70 m

Equipos: Estrela Vermelha

Posición: Dianteiro

Internacional: 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

O deporte en si, como se xoga, a ampla gama de recursos que che permite e esixe poñer en práctica, o dinamismo, as altas puntuacións, etc. Outra das razóns polas que me gusta o fútbol gaélico é polos valores positivos que transmite, máis alá da competividade pura e dura. E, por suposto, a introdución do terceiro tempo, algo ao que non estabamos afeitos pero ao que pronto nos adaptamos e compartimos xunto cos nosos rivais.
.

bottom of page