Kamy

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
O primeiro contacto con este deporte foi a través a través de Martín, que comezou a ir adestrar e viaxar co equipo e eu ía con el. Gustoume a sensación e comecei eu tamén a ir adestrar o que me permitiu estrearme como "xogadora" no derradeiro torneo do 2011, en xuño, coas xogadoras de Madrid Harps (onde me din conta do moito que tiña que aprender e adestrar). Por primeira vez, xogamos integramente como Fillas no Torneo da Coruña (2012) e foi incrible. Antes, coa axuda de xogadoras doutros equipos do Campionato Ibérico (ás que lles estamos moi agradecidas) poidemos estrearnos nas táboas de clasificación en Barcelona e tamén en Madrid.
Nome: Carmen Fernández Traseira
Lugar de orixe: Lugo
Nacemento: 04/09/1984
Altura: 1,70 m
Equipos: A Coruña Fillas de Breogán
Posición: Polivalente
Internacional: 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
A verdade é que todo. Gústame a parte deportiva e a social. O pertencer a un grupo tan variado e no que nos levamos tan ben, tamén as viaxes pola Península xogando e coñecendo xente de moitos sitios distintos (practicando o inglés que boa falta me fai) e, evidentemente, os terceiros tempos onde nos relaxamos e socializamos máis co resto do equipo e de equipos.