top of page

Andrea Campos

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

O meu primeiro contacto co fútbol gaélico foi como fiel seguidora do noso equipo masculino. Moitos amigos meus xogaban e ía ver todos os partidos deles. Canto máis os miraba, máis me namoraba deste deporte, e máis sabia que eu quería xogar a isto. Tras insistir, non demasiado a verdade, conseguimos que o clube organizase un adestramento feminino. O primeiro día fomos unhas cantas amigas e a partir de aí non deixamos de medrar. Cando chegou o primeiro partido e souben o que se sinte xogando a este deporte, sabía que este deporte era para min.

​​

Nome: Andrea Campos Domínguez

Lugar de orixe: O Grove (Pontevedra)

Nacemento: 27/05/1991

Altura: 1,62 m

Equipos: Mecas Ogrobe

Posición: Media

Internacional: 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Sempre me pareceu asombroso o completo que é este deporte, creo que podería afirmar que é o deporte mais completo, e iso faino incriblemente atractivo. Pero por suposto, se se fala do mellor do fútbol gaélico, hai que falar do terceiro tempo. É un deporte moi agresivo, cousa que me encanta por certo, e iso fai que no campo haxa moitos roces co equipo rival, pero ao rematar o partido, os dous equipos imos tomar unhas cervexas xuntos, e iso fai que todo quede no campo, e que por suposto coñezas a moita xente nova, o cal enriquece totalmente este deporte.

bottom of page