top of page

Wences

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

En Croke Park, en xuño de 2010, nas semifinais do Campionato de Leinster. Vin como Louth vencía a Westmeath e como Meath arrasaba a Dublín. Xa coñecía o fútbol gaélico pero nunca o vira in situ. Dende aquela xa quedei namorado irremediablemente dese deporte. Sempre me sentín atraído polo fútbol australiano, pero nunca o puiden practicar, xa que nunca houbo equipos en Galicia. Desta volta, non quería que fose así. Se había que comezar de cero e crear un club, tería que ser así. Así, comecei con esta aventura e en outubro de 2010, nunha reunión nunha taberna irlandesa da Coruña, fundamos formalmente o club. Nese momento non sabía onde acabaría todo, pero tiña a vontade de teimar para que seguise medrando e para que xurdisen máis equipos en Galicia para facer viable isto a longo prazo. O deporte gustou e, con moito traballo pero con moita ilusión, a familia medra ano tras ano.

​​

Nome: Wenceslao García Zapata

Lugar de orixe: A Coruña

Nacemento: 14/08/1978

Altura: 1,72 m

Posición: Defensa

Internacional: 2012, 2013

Capitán: 2012, 2013

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

É​​ divertidísimo. Lamentablemente, por unha lesión no pé dereito que, tras operación e tratamento non dou curado, tiven que deixar de practicalo. Non paras de correr, podes xogar o balón coa man e co pé, podes tirar a paus ou marcar gol, ..., hai tantas opcións que é imposible aburrirse. Cando botas tempo sen adestrar ou sen xogar, xa tes mono de gaélico. Porque é a vida, esas pequenas cousas, esas paixóns ás que lle adicas o teu tempo libre, polas que loitas, polas que sofres e polas que gozas. Son esas vivenzas que lembrarás e das que poderás dicir "eu formaba parte diso". Coido que cada xogador/a de cada club ten o mesmo sentimento de amor e paixón cara ao noso deporte.

bottom of page