Recho

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
Hai uns anos preparando as oposicóns de educación física xa investigara un pouco sobre este deporte e tivérame moi boa pinta. Nunca pensei que fora chegar a practicalo, pero uns anos máis tarde algúns dos personaxes que teño por compañeiros no Estrela que xa eran "coleguillas" meus dixéronme de probar. Para alguén que lle encanta experimentar novas experiencias deportivas, a resposta estaba clara. Espero que a miña relación co gaélico sexa por moito tempo.
Nome: Diego Diéguez Sánchez
Lugar de orixe: Rodeiro, Pontevedra Nacemento: 27/04/1985
Altura: 1,80 m
Equipos: Estrela Vermelha
Posición: Medio
Internacional: 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
Pois aínda que sexa un tópico o que máis me gusta é o terceiro tempo. Penso que debería estenderse a tódolos deportes de equipo. Xa no aspecto deportivo, encántame as posibilidades que ofrece ao xogador, ao poder tocar o balón con pés e mans así coma a liberdade a nivel táctico comparado con outros deportes de equipo. Realmente engancha.