top of page

Pablo Bermejo

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

O meu primeiro contacto foi hai tres anos cando estaba vivindo en Praga. Alí, un amigo irlandés comentoume que había un deporte que era como unha mestura entre fútbol e rugby e alá fun probar. Tanto me gustou que ás dúas semanas estaba en Bratislava xogando un torneo. Ademais do deporte en si, sorprendeume e cautivoume o bo ambiente e a acollida que me deron tanto os do meu equipo coma os dos outros. Despois ao voltar a Compostela, un amigo díxome que se montara un equipo aquí....e alá fun.

​​

Nome: Pablo Bermejo García

Lugar de orixe: Santiago de Comp. Nacemento: 04/04/1990

Altura: 1,80 m

Equipos: Estrela Vermelha

Posición: Medio

Internacional: 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

O que máis me gusta do deporte é a intensidade, física pero tamén mental, de non poder renderse e virse abaixo porque na seguinte xogada podes meter un gol e recortar tres puntos. Tamén o ambiente que se respira no equipo e cos outros equipos e árbitros tamén, sobre todo nos terceiros tempos.

bottom of page