Martina

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
Pois eu a primeira vez que escoitei falar deste deporte foi grazas aos meus amigos que empezaron un ano antes que as mulleres. As miñas amigas máis eu empezamos a ir a velos aos partidos e chamounos moito a atención e, ao ano seguinte, en canto formaron o equipo feminino, non dubidamos en ningún momento en meternos nel de cabeza, ese foi o meu primeiro contacto.
Nome: Martina Blanco Sarantellos
Lugar de orixe: O Grove (Pontevedra)
Nacemento: 20/07/1991
Altura: 1,60 m
Equipos: Mecas Ogrobe
Posición: Defensa
Internacional: 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
Pois sinceramente, o que máis me gusta é que é algo novo, diferente ao resto dos deportes, divertido e sobre todo o que máis me gusta é que hai moi bo rollo co resto dos equipos e iso non se ve todos os días. Ah, olvidábaseme, outra cousa polas que me encanta son os terceiros tempos.