top of page

Pablo Miragaya

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Un adestramento nos campos da Torre no primeiro ano de existencia do club A Coruña Fillos de Breogán. O meu amigo e compañeiro de equipo Santi Vecino deume unha pequena charla técnica de trinta minutos antes do mesmo e despois adestrei o mellor que puiden. Cando rematou ese adestramento xa sabía que seguiría xogando a isto.

​​

Nome: Pablo Miragaya López

Lugar de orixe: A Coruña

Nacemento: 14/08/1979

Altura: 1,83 m

Posición: Medio-dianteiro

Internacional: 2012, 2013, 2014

Capitán: 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Como deporte gústame moito o seu dinamismo e a variedade de recursos técnico-tácticos que permite. Pero, sen dúbida, unha das cousas máis gratificantes neste deporte, aínda ben descoñecido, é compartir adestramento ou cursos con xente nova e ver como se divirten, fan amizades e progresan dende o primeiro minuto.

bottom of page