Patri

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
Penso que a primeira vez que escoitei falar deste deporte foi a través dun cartel que vimos nun pub irlandés Alberto e mais eu. Falaba dunha reunión á que decidiu asistir, non sen antes “embarcar” a Martín. Teño que confesar que o día da reunión, no piso de abaixo estabamos Kamy e eu ríndonos do frikis que eran, que só lles faltaba ir tamén a un curso de espada medieval que viran por aí... hahahahaha. Non sabería dicir quen é máis friki dos dous agora mesmo!
Nome: Patricia García Sánchez
Lugar de orixe: A Coruña
Nacemento: 15/02/1985
Altura: 1,64 m
Equipos: A Coruña Fillas de Breogán
Posición: Polivalente
Internacional: 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
Un dos puntos que máis me gusta deste deporte é que vén de Irlanda, e desde sempre teño unha paixón especial por esas terras. Ademais diso, é un deporte moi entretido e divertido, no campo non te podes parar nin un momento e tes que estar cos sentidos ó 100%. Outra cousa que destacaría é que, a estas alturas da vida, non contaba con aprender un novo deporte e tes a oportunidade de crecer man a man no primeiro clube de Galicia.