top of page

Lupo

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

A primeira vez que o vin, que recorde, foi de rapaz a través dun programa de deportes que se chamaba Transworld Sport, pero coñecino máis o fondo ao vivir en Irlanda uns meses no 2002, aínda que nunca cheguei a practicalo aló. O primeiro contacto real co balón de Gaélico foi o primeiro día de adestramento do noso equipo, Irmandinhos, en outubro de 2012, cando, graciñas á axuda da xente de Fillos de Breogán, uns 20 e pico tolos se xuntaron para probar un deporte que a moitos dos aló presentes enganchou desde o primeiro día.
 

​​

Nome: Alberto Suárez Touceda

Lugar de orixe: A Estrada, Pontevedra

Nacemento: 05/03/1978

Altura: 1,84 m

Equipos: Irmandinhos, Braithreachas

Posición: Medio-defensa

Internacional: 2013, 2014

 

Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Todo! Falando do deporte en si, a velocidade do xogo, o xogo á man, o tiro a paus desde lonxe, pelexar os balóns no aire... Imposible escoller unha soa cousa. Máis aló do terreo de xogo, o día a día nos adestramentos, as risas e os vaciles cos compis de equipo, as viaxes e a convivencia dos torneos... Somos unha pequena gran familia que cada día medra! E como non, todo aquel que compartiu un terceiro tempo deste deporte sabe do ambiente que nel se vive... As disputas morren no campo, e así debe ser.

bottom of page