Kanario

Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
Unha mañá recibín a chamada dun amigo, Nene, na que me propoñía unirme a un equipo de fútbol, nun principio pensei que era para xogar na liga local de fútbol sala, pois as súas explicacións me levaron a pensar iso… O primeiro adestramento foi no campo de fútbol de Callobre, cando cheguei alí as cousas non me estaban a cadrar… ¿Fútbol sala nun campo de fútbol? ¿Cerca de trinta persoas para un equipo de sala? Todo se torceu cando uns rapaces que viñan dende A Coruña nos empezaron a explicar en que consistía o fútbol gaélico, eran membros dos Fillos de Breogán, o primeiro equipo desta disciplina na nosa terra. Corenta minutos de exercicios e nocións básicas serviron para montar un pequeno partido e ver como esta xente nos vendía un deporte que, a día de hoxe, ningún de nós pensa deixar.
Nome: David Fuentes Terceiro
Lugar de orixe: Callobre, A Estrada
Nacemento: 17/05/1988
Altura: 1,92 m
Equipos: Irmandinhos, Braithreachas
Posición: Medio
Internacional: 2013, 2014
Que é o que máis che gusta do teu deporte?
O cúmulo de sensacións que desatan cousas como recibir un pase de 40 metros, conducir o balon facendo “solos” con alguén detras queréndote “cazar”, puntuar pegando a paus! e, como non, saber que un gol na portería vale tres puntos, o cal fai que as distancias no marcador non permitan relaxarse aos equipos e garantizan unha tensión no campo que nos encanta! A total liberdade dentro do campo para crear xogadas cos membros do teu equipo, puidendo usar tanto os pés como as mans… Xa fóra do terreo de xogo, o famoso terceiro tempo, do que todos falamos, onde se deixan de lado as tensións acumuladas no campo e onde se practica o bo ambiente entre xogadores rivais. Podo dicir con total sinceridade que agora entender o deporte doutra maneira, logo de que nos ensinaran estos valores, resulta impensable.