top of page

Alberto

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Lembrareino sempre. Ía paseando con Patri pola rúa e de súpeto vimos un cartel anunciando a formación dun novo equipo de fútbol gaélico. As nosas cabezas comezaron a traballar, comezamos a asociar conceptos, “Gaélico – Celta – Irlanda” e non sen antes embarcar ó meu amigo Martín presentámonos na primeira reunión do equipo. Creo que cheguei dos primeiros e só vin a un home sentado na barra do bar, puiden comprobar que se trataba de Wences, e fixen o que tiña que facer, funme a dar unha volta a ver se máis tarde había máis xente. Cando volvín xa eramos uns cantos máis e entrei a reunión esperando a Martín. Baixamos moi ilusionados: un deporte novo, íamos viaxar pola Península a xogar partidos, e todo iso saíra nunha reunión. Vaia cambio, toda a vida xogando ó fútbol para ir a xogar a Cervo, San Román, Navia, Andés, etc., e agora mesmo íamos viaxar por Madrid, Valencia, Sevilla, Barcelona, etc. Foi un bo comezo..

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

Por suposto, era un día dos que me gustan, con sol e algo de frío. De fondo soaba o gaiteiro da Torre de Hércules e enfronte íamos ter ó todopoderoso Madrid Harps, vixentes campións do Campionato Ibérico. Non me chegaba a hora de saír do traballo para ir á Torre a loitar contra a lexión madrileña, chegamos e alí estaban os cinco madrileños que viñeran. Eran só cinco, pero como xogaban. Nese partido, no que os familiares de moitos dos xogadores fixeron de hooligans improvisados ó berro de “Vamos Wences!!”, “A por los de rojo!!”, sentíame como un neno de cinco anos comezando no mundo do deporte. ¿Resultado? Os cinco de vermello pasaron por riba de nós axudados por algúns Fillos que xogaron con eles. Recordo o partidazo que fixo Ripa.

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Gústame o deporte en si, a rapidez do xogo, a verticalidade, o dinamismo e a exixencia a nivel físico e coordinativo que ten este deporte. Tes que estar pendente da túa marca e do balón en todo momento, non hai descanso xa que o balón pode viaxar dunha portería a outra en moi pouco tempo. Pero o mellor é que é un deporte no que todo o mundo parte de cero polo que motiva e engancha rápido a quen o ven probar. Non é un equipo ó que chegues e todo o mundo xa está de volta cando ti vas. Polo que nunca te sentes descolgado e iso motívate a seguir mellorando cada día un pouco máis.

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

Pois penso que é un compendio de moitos deles. O primeiro torneo en Sevilla, chegar a xogar cun 4 -4 -2 practicamente Con Martín na defensa, eu de defensa ou medio, Wences de dianteiro,... como cambiaron as cousas. O noso primeiro viaxe a Irlanda, chegar a Wexford, ler a prensa e ver unha nota no Wexford People no que sinalaban que un equipo de España xogaría un partido contra os Volunteers esa tarde, o frío que pasamos nese partido no que acabamos empatando. As semifinais Dublín–Donegal en Croke Park, coñecer a Colm Cooper na segunda viaxe, facer rotas en coche por Irlanda. O gol de Santi, pero o que nos meteu na final do noso torneo. A visita de Seánie convalecente ao adestramento da Torre con toda a súa familia. Son recordos que fan que te sintas dentro dun grupo que vai moito máis alá que un simple equipo.

¿Algunha anécdota que salientar?

Non sei si alguén o mencionou pero un rapaz meteu un gol en propia portería na final do noso torneo. Aínda que hai moitas máis, o descubrir a Patri na súa faceta guerrilleira no campo encarándose incluso co árbitro co que ó final ten boa relación, o voo regresivo de Sebas despois de chocar cun rival en Sevilla.

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

Porque somos moito máis cun club, porque é volver ao patio do colexio a xogar algo entretido, novedoso, orixinal e que ademais permite manterte en forma.

Orixe: Ortiguera (Asturias)

Posición: dianteiro

Dende: 2010

Afiliado: 1844612

Alcume: Cachopo, Asturiano

Alberto Méndez Suárez

Altura: 1,75 m

Peso: 65 kg

Nacemento: 22/09/1981 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

Pois por afinidade e por como nos trataron nas viaxes, Nemo Rangers e St Johns Volunteers. E a nivel de condado, Wexford pola familia McEvoy e Cork porque lle teño un especial agarimo a esa cidade.

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​Están a xurdir novos proxectos dos cales dous son unha realidade palpable, falo de Suévia e Irmandinhos que sumados ós dous equipos que xa xogaron o Campionato Ibérico como son Fillos e Ártabros fan que isto vaia crecendo. Esperemos que os proxectos de equipo de Mecos, Faísca e Corvos tamén crezan e poidamos crear unha liga galega de fútbol gaélico tanto masculino como feminino.

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

Sen dúbida algunha, Ken alcanzou cumes no noso equipo que ningúen de nós está preparado para alcanzar. Pero no noso equipo contamos con moita calidade e xente coa que me entendo moi ben no campo. Se teño que nomear xogadores que me parecen talentosos non me podo olvidar dos irmáns Oliveira, Fran Carreira na defensa, Jorge que cada día me gusta máis, Iago co que me entendo moi ben no campo, Pablo Fuentes que sufriu unha mellora brutal o ano pasado. Martín co que me entendo sen miralo, Oscar que é un auténtico ariete que rompe calquer defensa e non nos podemos esquecer do máximo goleador da historia mundial e universal da Selección Galega que está a facer moi bos partidos.​ No equipo feminino, para min Patri é a xogadora que lle dá un plus por carácter e calidade.

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

Creo que Aro e Daniel Bechler agora mesmo xa non son proxeccións, son unha realidade e creo que tratalos como proxeccións é dar un paso cara atrás na súa formación. Eles xa son unha realidade.

¿E cal é o máis divertido?

Sen dúbida, quédome con Brais que non canso de escoitalo aínda que os bailes de Fran non teñen desperdicio. Así que Sebas, o noso party player, que se poña as pilas.

bottom of page