top of page

Dani Bechler

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Foi unha noite na Cova Céltica. Apareceu por alí Bruno, co lumbago tocado, pregunteille que lle pasara e díxome que se fixera dano xogando a algo chamado "fútbol gaélico" que eu descoñecía ata ese momento.  Explicoume de que se trataba e non puiden evitar probalo!

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

O primeiro partido que xoguei cos Fillos foi un domingo de abril (creo recordar) en Acea Dama. Levaba moi pouco tempo xogando e estaba moi perdido, de todas formas, disfruteino moito. Dunha maneira máis oficial, debutei en xuño no Torneo da Coruña, tendo as ideas algo mais claras.

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Unha das cousas que mais me gusta é a posibilidade de mezclar o xogo de pés e de mans. Ademais, tamén ten moita importancia a mentalidade e a visión sobre o campo. Ás veces é máis importante dar un pase preciso e avanzar un metro que pegarse unha carreira de trinta sen saber como vai rematar. Podería decir que é un dos deportes máis completos que coñezo.

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

Levo moi pouco tempo xogando e xa teño máis de un recordo, pero se teño que decidirme por un, creo que o Torneo da Coruña ten tódalas papeletas, e en especial, o partido contra Valencia, onde marquei o meu primeiro gol.

¿Algunha anécdota que salientar?

Creo que o terceiro tempo do partido cos Irmandinhos ten que estar aquí, non o puidemos pasar mellor! Destacar un momento desa noite e imposible. Foi unha loucura!

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

Se alguén quere probar un deporte pouco común, divertido, e sobre todo, pasalo ben, ten que unirse ós Fillos. O ambiente e inmellorable, tanto no equipo masculino como no femenino. Penso que ninguén pode irse de aqui cunha imaxe negativa. Ademáis non tardas nada en collerlle apego a esta xente, sínteste un máis antes de que te deas conta, e parece que non, pero iso é moi importante.

Orixe: A Coruña

Posición: medio

Dende: 2012

Afiliado: -

Alcume: -

Daniel Bechler Fernández

Altura: 1,89 m

Peso: 92 kg

Nacemento: 05/10/1991 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

Pois a verdade, non teño moito coñecemento dos equipos irlandeses, polo que calquera cousa que diga quizais cambie cando vexa catro partidos, así que prefiro gardarme a resposta para outra ocasión!

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

Se me deixo guiar polos ultimos acontecementos, diría que un bo futuro. Co nacemento dos novos equipos estase dando a coñecer este deporte. Que Galicia conte con 3 equipos formados (se non me equivoco) e outros tantos en proceso, é algo moi positivo!

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

É dificil nomear a un so xogador, ata o día de hoxe, creo que estamos todos de acordo en que Ken era un autentico crack! Dos membros do equipo agora mesmo, penso que todos son importantes, xa que cada un e bo na súa posición, quizais destacaría a rapidez de Alberto e Martín e o toque de Fran.

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

Penso que Miguel Loureiro, veu poucos días pero non deixou a ninguén indiferente, aínda que quizais o que mas proxección se lle ve é a Aro, sen dúbida, malia que penso que tódolos xogadores podemos mellorar. Por non saír do tópico, os xogadores máis novos coma nós somos os que temos que intentar dar máis para forzar esa melloría e axudar ó equipo. Quedan moitos anos en Fillos e iso ten que notarse.

¿E cal é o máis divertido?

Dificil, dificil. Todos sabemos que o "party player" é Sebas, pero ten competidores como Brais, Tom, Bruno...

bottom of page