Ripa

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?
O primeirísimo contacto foi en Irlanda, onde me entereime que existía e, anos despois, cando me falaron do proxecto dos Fillos, mirando vídeos por internet.
¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?
O meu primeiro partido foi en contra dos Fillos, completando o equipo dos Harps que viñeran á Coruña xogar un amigable. Xa defendendo a nosa camisola, se non me lembro mal, foi no torneo de Iruña contra Valencia.
¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?
Como é obvio, nunca o practicara e paréceme moi bonito ver como vas aprendendo e mellorando ós poucos. Por outra banda, no estritamente deportivo, gústame a combinación de velocidade e habilidade necesaria para este xogo.
¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?
Habería moitos intres especiais que subliñar, por exemplo o de poder xogar coa miña selección, pero creo que o sentimento de pertencer á familia gaélica o supera todo. Ver como unha xente á que non coñecías de nada pasan a ser unha parte importante na túa vida foi o mellor.
¿Algunha anécdota que salientar?
Santi puxo o listón moi alto cando percorreu medio campo e anotou un tanto na nosa portería, pero superouse esa mesma noite cando pensaba que lle deran o trofeo ó mellor xogador no noso torneo. Foi moi divertido.
¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?
Polo que comentaba anteriormente, tanto por descubrir un novo deporte como pola boa atmosfera que rodea o equipo.

Orixe: A Coruña
Posición: defensa
Dende: 2010
Afiliado: 1846010
Alcume: Riparoy
Antonio Ripamonti Mondelo
Altura: 1,78 m
Peso: 90 kg
Nacemento: 05/07/1978
¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?
Por distintas razóns, Wexford e Galway, para min, son dous lugares especiais en Irlanda e polo tanto gústame que os seus equipos teñan bos resultados.
¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?
Estou convencido de que é un deporte que pode callar fondo na nosa terra.
¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?
Ken sempre será un dos Fillos e, sen dúbida, foi o mellor. Dos que formámo-lo equipo hoxe en día é imposíbel decantarme, non vexo grandes diferenzas de talento, a forma física é o que marca as diferenzas.
¿Cal é o Fillo con máis proxección?
Por idade e condicións, Aro.
¿E cal é o máis divertido?
Hai moitos que sempre andan de brincadeira: Seánie, Alberto, Brais, Martín, Óscar, Julián...