top of page

Marta

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

​​​​Coñecino a través de Alberto, cando un día chegou ó traballo falando dun deporte raro, e de competicións pola Península; así que en canto fixeron equipo feminino, propúxenme probar e ata hoxe.

​​

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

​​​​Para non lembralo. Por lesión, vivino dende a banda pero con igual tensión e entusiasmo; ou aínda máis se cabe. Foi no torneo da Coruña; aínda que conseguira luci-la miña camiseta no campo durante os primeiros cinco minutos no torneo de Barcelona, onde xogamos coa axuda de xogadoras doutros equipos.​

​

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

​​​É un deporte pouco común aquí, completo e entretido. O ambiente de
xogo é moi bo, o compañeirismo existe non só no mesmo equipo, senón cos demais. Ademáis, coñécese moita xente e serve para practicar inglés.
​​

​

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

​​​​Teño moi bo recordo do meu primeiro partido coas Madrid Harps en Sevilla en febreiro de 2012, o que me ensinaron, a viaxe, todo… Pero sobre todo, o momento que sen dúbida recordo con máis agarimo foi o torneo da casa, a ilusión que puxemos todos para que saíse ben, e que Ken recibise o MVP foi a guinda.​​

​​

¿Algunha anécdota que salientar?

​​​​Unha soa é difícil... por suposto o tanto que anotou Santi en propia porta (co correspondente mosqueo de Seco), os pantalóns rotos de Sebas, ir polas rúas de Barcelona nos ombreiros de Doc...

​

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

​​​Porque o deporte axuda a desconectar e a manterse en forma, e que mellor xeito de facelo que en tan bo ambiente. Todo o mundo debería probalo porque engancha.​​

Orixe: A Coruña

Posición: dianteira

Dende: 2012

Afiliado: 1998345

Alcume: Martita, Arale

Marta Blanco Girón​

​

Altura: 1,60 m

Peso: 54 kg

Nacemento: 10/09/1987 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

​​​Non coñezo como para opinar sobre eles.​

​

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​​​Coido que o futuro é prometedor. Nos últimos meses están a xurdir iniciativas en varias vilas e cidades que fan pensar en que isto medra.​

​

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

​​​Creo que Ken é o máis completo. De todas formas, nótase a progresión en moitos de nós. Fran e Jorge experimentaron unha progresión tremenda e, pola súa banda, Martín, Alberto e Óscar, sempre fan un bo papel.​​

​​

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

​​​Por idade e habilidade, Aro.​

​

¿E cal é o máis divertido?

​​​Penso que me río moito con varios dos meus compañeiros. Se tivera que salientar algún diría que o humor bárbaro dos Oliveira é brutal aínda
que a retranca de Martín, non ten desperdicio; “trabállao bastante ben”.
..

bottom of page