top of page

Martín

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

​​​O primeiro contacto produciuse na reunión na que sentaría as bases do equipo, e que se levou a cabo na Matthews' nun xa lonxano setembro de 2010. Tratábase dun proxecto ilusionante que partía da nada, pero xa se falaba dunha posible participación no Campionato Ibérico de 2011, adestramentos e unha idea de club na que todos tiñamos igual peso. A primeira vez que toquei un balón de gaélico e me decatei do divertido e complicado que podía ser aquilo foi no primeiro adestramento dos Fillos en outubro daquel ano.

​​

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

​​​Por suposto. O 5 de Febreiro de 2011 nos campos da Torre tiñamos o pracer de participar no primeiro encontro dos Fillos e era nin máis nin menos que ante un conxunto de xogadores dos Madrid Harps e vixentes campións do Campionato Ibérico no que tres semanas máis tarde debutaríamos. Aí decatámonos de que nos quedaba moito traballo por diante para alcanzar o nivel de xogo daqueles cracks. A nivel persoal sumei dous tantos e saín encantado.

​

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

​​O seu dinamismo, rapidez, verticalidade e por suposto que é un xogo moi completo e con grandes alternativas. É un deporte realmente espectacular e que quen o proba se engancha.​

​

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

​​​Moitos... A primeira victoria ante Pamplona no torneo de Barcelona en 2011, o torneo de A Coruña de 2012 que foi un éxito rotundo en tódolos sentidos, ver a Ken levantar o trofeo de MVP no seu último campionato con nós, as viaxes nas que somos unha auténtica piña, as palabras despois de cada partido de Seánie, o debut na Selección Galega...​

​​

¿Algunha anécdota que salientar?

​​​Á parte das clásicas de ver como metemos puntos en propia meta, de que os rivais no primeiro torneo nos explicaban como colocarnos e como mellorar durante o encontro, faime especial gracia o vivido en Valencia 2011, a hora e media para debutar tiñamos un almorzo preparado por Peter no que non faltaban sandwiches, pasta, tostadas, "Irish beans",... ¡canta comida sobrou!..​

​

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

​​Porque isto hai que vivilo. Porque non sempre un ten a oportunidade de participar no nacemento da práctica habitual dun deporte nun país e porque partimos todos dun nivel semellante. Practícase deporte, coñécese xente nova, partípase nuns terceiros tempos fóra do normal... Hai que probalo!​

Orixe: Burela

Posición: medio dianteiro

Dende: 2010

Afiliado: 1844652

Alcume: Burelauer, Mister Insert Coin

Martín Fernández García​

​

Altura: 1,80 m

Peso: 77 kg

Nacemento: 02/09/1982 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

​​Non son gran seguidor de ningún dos equipos Irlandeses, pero teño que recoñecer que sinto simpatía por Dublin xa que gocei en directo en Croke Park do seu paso á final no All-Ireland de 2011. Á parte diso, por suposto encántame que gañe Wexford e deséxolles sempre o máximo por riba de todos aínda que só sexa polo noso Seánie.

​

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​​Prometedor. Están saíndo novos equipos e isto promete. Ogallá algún día podamos xogar unha liga galega oficial e recoñecida pola GAA.​

​

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

​​O mellor xogador que tiven ó lado foi Ken e creo que será insuperable. Dos actuais quédome con Alberto, co cal me entendo de forma excepcional.​

​​

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

​​Para min a dupla Aro e Dani Bechler (18 e 21 anos se non me equivoco). Creo que é o futuro medio do equipo. Poderosos, rápidos, valentes... Os futuros cracks dos Fillos.

​

¿E cal é o máis divertido?

​​Quédome con Brais. Cada intervención del debería figurar nun libro. É un filósofo.

bottom of page