top of page

Vero

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

​​Coñecino fai uns 5 anos cando fun de vacacións a Irlanda nunha visita ó estadio de Dublín. E comeceino a practicar por medio de Santi en abril deste ano (2012).

​​

¿Lémbraste do teu primeiro partido coas Fillas?

​​Lembro o primeiro adestramento, e sobre todo o segundo polo que chovera. O primeiro partido oficial que desputei e penso que único foi no torneo da Coruña. Xogamos contra Valencia, déronnos unha malleira, pero disfruteino igual, sobre todo porque era a primeira vez que as Fillas xogabamos xuntas como equipo.

​

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

​​É un deporte novedoso por estes lares e a impotancia do compañeirismo nos deportes de equipo. Compañeirismo no só dentro se non tamén fóra do campo.​

​

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

​​O ben que saíu todo no torneo da Coruña e, sobre todo, xogar as fillas todas xuntas.

​​

¿Algunha anécdota que salientar?

​​Cando Santi anotou un tanto nos nosos paus.

​

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

​​Como mencionei antes polo compañeirismo e bo ambiente entre Fillos e Fillas que hai tanto dentro coma fóra do campo, que foi o que a min me animou a seguir adestrando.

Orixe: A Coruña

Posición: polivalente

Dende: 2012

Afiliado: 2152153

Alcume: -

Verónica Vázquez-Penas Suárez

​

Altura: 1,64 m

Peso: 60 kg

Nacemento: 10/02/1983 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

​​Non coñezo gran cousa do fútbol gaélico de Irlanda​.

​

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​​Penso que nestes últimos meses se está loitando por conseguir cada vez máis equipos galegos e que a cousa irá cada vez a máis.​

​

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

​​En canto a rapazas: Patri. En canto a rapaces: Ken.

​​

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

​​Entendo proxección como capacidade para ir mellorando cada vez máis a medida que pasa o tempo. Se é así, diría que Aro, porque é o máis novo e nótase o rápido que aprende, a axilidade, etc.

​

¿E cal é o máis divertido?

​Se só podo dicir un, diría que Sebas.

bottom of page