top of page

Tom

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

O primeiro contacto teórico, de noite con Sebas e Bruno despois dun partido do Dépor, xa me liaron. O primeiro práctico, na Torre, facía unha semana que me diagnosticaran dúas hernias e me dixeran que me olvidase de xogar e do deporte por moito tempo... e despois de dúas mil pirulas aquí estamos.

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

Foi no primeiro torneo oficial do club en Sevilla. Inolvidable, que colección de mitos (Morritos, Toni Tomás ...). A noite anterior fóisenos das mans. Creo que nunca rin tanto. Eu por problemas co lombo adestrara dous días só. Ós dous minutos de saír ó campo o árbitro xa parou o partido para explicarnos as regras... os outros equipos alucinaban.

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

Primeiro, o terceiro tempo e a convivencia cos Fill@s nas viaxes. Segundo, encántame ás veces de porteiro, berrarlles ós meus compañeiros. Terceiro, logo, xogando de campo, é a hostia, habilidades, rapidez, precisión, resistencia...

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

A primeira victoria contra Pamplona en Barcelona, todos rebentados,  berrando, abrazados, foi a hostia... O terceiro tempo non o lembro..., palmei o avión... un clásico.​

¿Algunha anécdota que salientar?

Puf, eu poría unha de cada torneo..., pero se teño que escoller rápido, quédome con calquera das viaxes con Seánie e a viaxe a Sevilla en coche con Óscar, Ken e Transporter.

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

Eu xoguei toda a vida ó fútbol e en ningún club vin o ambiente que temos aquí, e iso que somos raros de collóns...

Orixe: A Coruña

Posición: porteiro/medio dianteiro

Dende: 2011

Afiliado: 1844657

Alcume: -

Tomás Coello Pena-Manso

Altura: 1,74 m

Peso: 61 kg

Nacemento: 01/06/1976 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

Se ten equipo Tralee ese, que para iso chupei alí tres meses. Se non ten equipo, o Morritos Team.

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

Moito máis que fai dous anos.

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

Ken xogaba a outro deporte distinto ó noso en comparación, levaba toda a vida xogando, unha máquina. Actualmente creo que o nivel e moi equilibrado, pero se teño que escoller quédome con Alberto, Carlos Seco e Óscar se soltase a bóla.

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

A curto prazo, calquera do equipo, melloramos todos moito neste tempo. A longo plazo, sen dúbida Miguel, Dani Bechler e Aro se deixa de romperse ósos.

¿E cal é o máis divertido?

Sebas, Bruno, Brais, Seánie, Curtis Clan, El Armenio Loco,... Os terceiros tempos non serán o mesmo sen os Malaysians Guys!

bottom of page