top of page

Iago

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

Polo xornal e un día na Torre xogando con Pedro vimos a uns xogar, eran os primeiros Fillos, e dende entón, viaxando e xogando.

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

Entre nós contra Zalaeta e eu xogando con Zalaeta e moi ben, pero logo chegou o Torneo de Madrid do primeiro ano e xa foi outra cousa.

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

O ambiente e que é moi movido.

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

Cando gañamos a Pamplona no Torneo de Barcelona no primeiro ano e tivemos máis partidos que estivemos a piques. Eramos os de sempre.

¿Algunha anécdota que salientar?

O meu apodo de Chaquetero gústame pero teño que dicir que foi por culpa de Wences. Contra Zalaeta, como era o último en chegar ó equipo, xoguei con eles e logo en Madrid cos O'Donells. Wences tivo que xogar a primeira parte con eles, pero logo queria xogar a segunda parte cos Fillos que iamos gañando e ninguén lle quería cambiar para xogar co rival ó que lle faltaba xente. E logo chega Tom e di ó final: "¿Por que xogas mellor cos rivais que connosco?".

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

Polo ambiente e polo deporte que engancha.

Orixe: A Coruña

Posición: medio defensa

Dende: 2011

Afiliado: 1890433

Alcume: Chaquetero, Rajon, El Club de la Comedia

Iago Pedreira Bestilleiro

Altura: 1,83 m

Peso: 78 kg

Nacemento: 25/071982 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

Cork, pola cidade, aínda que non sigo moito a liga irlandesa.

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

Unha liga galega.

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

Para min, Alberto, pero logo nos partidos oficiais o Xabarín é un seguro. E como defensa, Julián, sen dúbida.

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

Aro ten talento e físico.

¿E cal é o máis divertido?

Eu coa dupla Tom-Sebas pásoo coma un anano.

bottom of page