top of page

Bruno

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

​Foi un día que Wences me falou del e tentou liarme para xogar. A primeira vez non lle fixen caso, a segunda conseguiu que fose ó primeiro adestramento, engancheime e ata hoxe.

​​

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

​Si. Foi o amistoso Contra os Madrid Harps, o primeiro partido da historia do club. En realidade eles non traeran un equipo completo pero daba igual, eran os Harps. Comezamos gañando cun tanto de Rubén, foi a hostia. Ó final lóxicamente perdimos, pero xa ninguén recorda o resultado. Non importa, o que si recordaremos tódolos Fillos o resto da nosa vida é a experiencia vivida.

​

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

​O desprazamento co balón. É moi complicado, obrígache a pensar cada paso que das. Iso é o bonito.​

​

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

​O debut do equipo. Estar alí nese momento histórico.

​​

¿Algunha anécdota que salientar?

​Eu, xunto con algún máis, cheguei mamado ó primeiro campionato que xogamos en Sevilla. Fomos á reunión da noite previa ó torneo nunha cervexería irlandesa e a noite fóisenos das mans. Por suposto, o meu xogo nese campionato foi un desastre.

​

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

​Polo bo ambiente que temos e polo propio deporte, que é moi bonito de xogar e é moi saudable.

Orixe: A Coruña

Posición: medio

Dende: 2010

Afiliado: 1844646

Alcume: Brunete

Bruno Domínguez Tenreiro​

​

Altura: 1,86 m

Peso: 103 kg

Nacemento: 29/09/1979 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

​Non teño ningún equipo favorito. Gústame ver partidos para aprender e desfrutar do xogo, pero non son siareiro de ningún en particular.

​

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​A curto e medio prazo, véxolle un futuro moi ilusionante. Estanse a impulsar novos proxectos de equipos e a cousa vai a máis. Preocúpame máis a longo prazo, se imos conseguir enganchar á xente nova para que collan o noso relevo para continuar co deporte. É o que máis me preocupa.​

​

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

​Somos un grupo sen moitas individualidades. Os mellores partidos facémolos cando xogamos ben conxuntados, non hai un xogador que poida desequilibrar un partido por si mesmo. Aínda así eu hoxe destacaría a a Alberto. De cara ó futuro, temos, na miña opinión, varias promesas no equipo que lle poden dar ós Fillos un gran salto de calidade nos vindeiros anos: Aro, Daniel, Carlos Mariño e Miguel Loureiro.

​​

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

​Miguel Loureiro. O ano pasado xa lle vimos moi boas cualidades e este ano está en Irlanda adestrando cun equipo e iso e moi importante para a súa formación como xogador.

​

¿E cal é o máis divertido?

​Sebas. Aquí non hai discusión.

bottom of page