top of page

Pablo Miragaya

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

​​​​Unha sesión didáctica improvisada por Santi Vecino antes do meu primeiro adestramento hai pouco máis dun ano.

​​

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

​​​​O meu primeiro partido oficial foi no torneo de Sevilla a comezos deste ano 2012: cheguei coma unha moto, primeira xogada un tanto, segunda xogada rotura fibrilar no bíceps femoral... Disque algunhas motos pinchan cedo..

​

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

​​​Que obriga a exercitar e coordinar todo o corpo, por non falar de como obriga a pensar rápido.​

​

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

​​​​No colectivo, o partido coa Selección Galega e o pase á final do noso torneo deste ano. No persoal, un tanto marcado contra Madrid no torneo de Barcelona que nos serviu para empatarlles. Foi o mellor golpeo que fixen na vida, escorado e dende ben lonxe, non sei se serei quen de repetilo algún día.

​​

¿Algunha anécdota que salientar?

​​​​Por dicir algunha distinta ás dos compañeiros, resúltame divertido lembrar cómo foi a miña entrada ó campo no torneo de Sevilla coma debutante. Entrei no campo, púxenme ó lado do xogador de Valencia que estaba na miña zona e este saudoume cun choque do seu ombreiro no meu. Pensei "estes irlandeses sonche de pouco falar..."​​

​

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

​​​Porque coa vida moderna é fácil botar bandullo.​​

Orixe: A Coruña

Posición: medio dianteiro

Dende: 2011

Afiliado: 1981555

Alcume: Doc, Miragayer

Pablo Miragaya López​

​

Altura: 1,83 m

Peso: 80 kg

Nacemento: 14/08/1979 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

​​​Gústame Wexford porque é o equipo de Seánie e xa por iso o miro con máis simpatía. Tampouco lle poría problema a ver calquer partido de Kerry, Dublín ou Cork. Iso si, este ano os homes de Donegal foron os que máis me impactaron, ¡non me estrana que gañaran o All-Ireland!​

​

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

​​​Francamente bo. Se tódolos equipos primámo-lo obxectivo común de progresar neste deporte,  teremos unha liga galega mesmo quizais este ano próximo. Postos a soñar: ¿veremos algún día unha asociación galega posuidora dun pequeno Croke Park na nosa terra?​​

​

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

​​​O meu compañeiro ideal tería a cabeza de Bruno, os pulmóns de Brais, a potencia de Julián, a velocidade de Aro, a envergadura de Xandre, a regularidade de Jorge, a paixón de Wences, a elasticidade de Sebas, a constancia de Fran, o carácter das nosas Fillas, unha perna de Óscar, outra de Martín e outra de Alberto.​

​​

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

​​​Todos estamos aínda en proxecto. Quizais subliñar a Pablo Bregua ó que vexo en constante melloría nun dos postos máis ingratos deste deporte, a portería.

​

¿E cal é o máis divertido?

​​​Ríome moito con Santi, pero non conta porque é amigo e ao mellor non é obxectivo.

bottom of page