top of page

Fran

¿Cal foi o teu primeiro contacto co fútbol gaélico?

O meu primeiro contacto foi por casualidade, nin coñecía da existencia deste deporte. Óscar invitoume a ir a un adestramento, xusto un día (noite) que ía a televisión gravar, nin coñecía o xogo, nin as regras, pero púxenme a xogar e quedei enganchado.

¿Lémbraste do teu primeiro partido cos Fillos?

O meu primeiro partido oficial cos Fillos, foi no torneo de Sevilla en 2012, logo de conducir toda a noite desde A Coruña, saíndo ás 10 da noite, e chegando a Sevilla, ás 9, tras un chocolate con churros xa tiña enerxía dabondo para todo un día de torneo baixo o sol.

¿Que é o que máis che gusta do teu deporte?

O que máis me gusta é o ambiente, a xente, tanto no meu equipo como nos demais, somos xente con características distintas unidos por un deporte, hai múltiples profesións, moitas tendencias políticas, pero aquí somos todos amigos. E como deporte, é un deporte moi asequible, o xogar con pés e mans e sen regras moi complicadas é sinxelo facerse con el, unha boa maneira de facer exercicio.

¿Cal é o momento que recordas con especial agarimo?

O recibimento en canto chegamos a Sevilla, levabamos a Ken connosco, que se non fose pola viaxe en coche non podería ter acudido polo seu horario de traballo, e fixéronme sentir como Papá Noel levando un regalo para todo o equipo.

¿Algunha anécdota que salientar?

Hai moitas anécdotas, cada torneo énchese delas, agora non recordo ningunha en especial, pero iso vén sendo problema da miña memoria.

¿Por que debe alguén enrolarse nos Fillos de Breogán?

Porque o ambiente de equipo é fenomenal e é unha moi boa maneira de coñecer xente, viaxar e facer deporte, incluso practicar inglés.

Orixe: Rábade

Posición: defensa

Dende: 2011

Afiliado: 1975015

Alcume: Transporter, Taxi Driver, Briatore

Francisco Javier Carreira Roca

Altura: 1,74 m

Peso: 81 kg

Nacemento: 06/10/1974 

¿Cal é o teu equipo irlandés favorito e por que?

Non teño ningún equipo irlandés favorito, no tema dos deportes son un pouco raro, encántame practicalos, pero velos non, non son aficionado a ningún equipo, de ningún deporte.

¿Que futuro lle ves ó fútbol gaélico en Galicia?

Parece que coa aparición de novos equipos a cousa pinta ben, hai moita ilusión, se conseguimos organizar un torneo galego, ou mellor un pequeno campionato, inda que só sexamos 3 ou 4 equipos, este deporte irá para adiante.

¿Cal cres ti que é o teu compañeiro máis talentoso?

Alberto (Aibhe) paréceme un tipo que, desde a súa discreción, é clave no roubo de balóns, abrindo xogo e anotando tantos.

¿Cal é o Fillo con máis proxección?

Aro é tamén un portento físico con moi boa técnica e coa súa xuventude ten moito futuro por diante.

¿E cal é o máis divertido?

Santi, que xa escribiu un capítulo na historia deste deporte marcando un incrible autogol xogando unha final, deixando coa boca aberta os compañeiros de equipo, árbitro e contrarios. Un tipo tan simpático como despistado. Talvez este autogol debería figurar como a anécdota máis salientable.

bottom of page